Etiquetas

jueves, 19 de marzo de 2015

Día do pai.

Hoxe 19 de marzo, é un día moi especial. Por iso queremos felicitar a todos aqueles que teñen o mellor traballo do mundo: ser PAIS. 
Felicidades tamén a tódolos Xosés.
Esperamos que podades pasar un feliz día en compañía dos vosos fillos. Unha aperta moi forte!


viernes, 13 de marzo de 2015

Roteiro Os Bolechas

Hoxe puidemos gozar dunha saída didáctica pola zona vella da nosa fermosa cidade.
Para iso, contamos coa axuda dun simpático guía que nos acompañou polas diferentes prazas de Pontevedra (Praza da Peregrina, Praza da Ferrería, Praza da Leña, Praza da Verdura, Praza da Pedreira...) e nos explicou cousas moi interesantes, como a orixe dos seus nomes por exemplo.
Ademais, tivemos moita sorte porque fixo moi bo tempo, a pesar do vento que facía.

Na seguinte presentación, mostraranse tódalas fotos da saída. 
Esperamos que vos gusten! 



jueves, 12 de marzo de 2015

A toupiña

Hoxe na clase disfrutamos dunha sesión de contacontos coa profe Paula e a nosa compañeira Eva, que trouxo o libro da "Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para compartir con todos nós. 


E aproveitando este conto, imos aprender algo máis deste animal. A toupa é un mamífero, polo que nace do ventre da súa nai, como xa sabemos. 

Trátase dun animal pequeño, co corpo cuberto dunha pelaxe densa e aterciopelada. O seu fociño é apuntado, os ollos son moi rudimentarios e as extremidades curtas e fortes. 

En tódalas especies as patas anteriores e as mans están especializadas para excavar, xa que grazas as uñas grandes e fortes que ten, é capaz de escarbar galerías de ata 150 metros de lonxitude. Xa nos gustaría a nós poder facer buratos tan grandes na area cando vamos á praia verdade?

Aliméntanse especialmente de lombrices e larvas de insectos, aínda que completan a súa dieta con pequenos réptiles e roedores. Tamén comen raíces, tubérculos e froitos, polo que poderíamos dicir que se trata dun animal omnívoro.

A que é asombroso este animal? Se sabedes algo máis deste ser vivo podedes deixar un comentario para que podamos aprender todos xuntos.

Velaquí deixamos o vídeo desta divertida historia que vimos onte na clase na pizarra dixital. Esperamos que vos gusten :)


lunes, 9 de marzo de 2015

Sorpresa animal!

Hoxe un rapaz de segundo levou a clase un animal que capturara. Era un lagarto ocelado e, a pesar de que perdera a cola, tiña unhas cores moi brillantes e fermosas. Estaba gardado nunha caixiña de plástico transparente cuns buratiños para que puidese respirar, xa que se trata dun ser vivo.

Como xa sabemos e estudamos na clase, os lagartos son animais vertebrados, en concreto réptiles. Este tipo de animais caracterízanse porque teñen o corpo cuberto de escamas, como puidemos comprobar cando o vimos de preto. Nas patiñas notábanse moito! 
Respiran por pulmóns e son animais terrestres porque viven na terra, aínda que algúns tamén pasan tempo na auga, como os caimáns ou crocodilos.
Segundo a súa reproducción son animais ovíparos, que quere dicir que nacen de ovos. 
E as súas extremidades son patas curtiñas ou non teñen, polo que se desprazan camiñando ou reptando, como as serpes.

Gústavos este asombroso animal? A nós sorprendeunos moitísimo. Estamos moi agradecidos de que o neno de segundo compartise con nós esta experiencia e esperamos que leve esta pequena criatura de volta á natureza, que é onde debe vivir.

Aínda que non sacamos fotos do lagarto, deixámosvos aquí unha imaxe para que vos fagades unha idea de como era este asombroso ser vivo. A algunhas persoas dalles noxo ou medo, pero a nós gustounos moito. Que opinades vós?

jueves, 19 de febrero de 2015

O carnaval dos animais

Hoxe puidemos disfrutar da lectura dun dos contos que forman parte da nosa biblioteca de aula. Trátase dun conto moi especial, xa que ven acompañado dunha fermosísima música clásica composta polo francés Camille Saint-Saëns.



A música axudounos a comprender mellor a historia do libro e fixo que puideramos deixar voar a nosa imaxinación por un momento. 

Convidámosvos a que vos relaxedes vos tamén con esta estupenda peza musical. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Un saudiño!

sábado, 14 de febrero de 2015

Entroido 2015

Onte celebramos no colexio o entroido disfrazándonos de personaxes de contos. Por mor da chuvia non puidemos saír a Praza de Barcelos como tiñamos previsto pero iso non impediu que fixeramos unha gran festa. 

Na clase bailamos e cantamos, vimos contos na pizarra dixital e disfrutamos dunha merenda especial e moi moi abundante cos alimentos típicos desta época que trouxeron os compañeiros/as (filloas, ourellas ou flores) e demais chucherías. E sabedes que? Papamos TODO!!! As profesoras quedaron alucinadas pero é que estaba boísimo. 

Con este vídeo das nosas mellores fotos despedímonos e desexamos que teñades todos unhas boas vacacións e disfrutedes desta gran festa que é o Entroido :)


martes, 10 de febrero de 2015

Unha visita inesperada

Por se non fora pouca sorpresa coa cabeza do tiburón, hoxe tamén recibimos a visita inesperada da mamá dunha alumna que nos trouxo tres preciosos e pequenos cadeliños. Todos puidemos tocalos, abrazalos e disfrutar, aínda que eles estaban un chisquiño asustados. 


Como xa estudamos na clase, os cans son animais mamíferos que viven na terra. Teñen catro patas ou extremidades e o corpo cuberto de pelo, moi suave por certo!
Tamén son vivíparos, que quere dicir que nacen do ventre da súa nai e cando son moi pequeniños, coma estes, maman do leite materno. 

Os cans forman parte do grupo de animais domésticos e dise deles que son os mellores amigos do home, porque son moi fieis ás persoas. 

O único malo que teñen son os donos que cada ano abandonan a miles de cans.  Como consecuencia, estas pobres criaturas son condenadas a vivir polas rúas sen alimento nin casa para protexerse do frío. Pero existen protectoras de animais que se dedican a rescatalos e darlles o amor que se merecen mentres lles buscan unha casa onde os queiran adoptar para sempre. Porque os mellores amigos non se mercan.

Non mesques un can de raza, ADOPTA un sen casa!

Menuda sorpresa


Hoxe un dos nosos compañeiros sorprendeunos coa cabeza dunha quenlla real que trouxo a clase. 
Mirade na foto cantos dentes ten. A que son moitísimos? Mete medo!

Queredes saber máis cousas sobre este alucinante animal?

As quenllas ou tiburóns son peixes de forma alargada que viven nos mares ou océanos.

Existen unhas duascentas cincuenta especies diferentes e, ó contrario da opinión xeral, a maior parte deles non son perigosos para os seres humanos. En realidade son poucas especies as que atacan, como o terrible tiburón branco, que ten dentes de ata 8 centímetros de largo e mide de 5 a 6 metros. Polo tanto, os seres humanos representan unha ameaza maior para eles do que eles para nós debido a sobreexplotación, ao corte das súas aletas e a destrucción do seu hábitat. De feito, a cantidade de tiburóns martillo disminuiu nun 89% durantes as últimas dúas décadas. Increíble verdade? 

Son animais vertebrados pero o seu esqueleto non está composto por ósos, senón por cartílago. A súa pel é extremadamente áspera porque está composta por dentrículos dérmicos, feitos do mesmo material que os dentes. Históricamente, moitas culturas usaban a pel das quenllas como papel de lixa. 

Os tiburóns poden perder ata 1000 dentes por ano, que son reemplazados constantemente ó longo das súas vidas, é dicir, teñen dentes infinitos. Canto traballo para o Ratonciño Pérez!

Coma todos os peixes, os tiburóns son ovíparos, é dicir, nacen de ovos. Sen embargo, nalgunhas especies como os tiburóns touro, as crías que se están xestando comen aos seus irmáns. Podédelo crer?

Xa sabemos moitas cousas sobre este sorprendente animal. Moitas grazas ó noso compañeiro por compartir con nós a cabeza deste temible depredador.


jueves, 5 de febrero de 2015

O traballo cooperativo

Boas tardes papás e mamás:
En breves comezaremos na clase unha fantástica aventura para traballar o tema dos animais. Pero non traballaremos de xeito común, senón que realizaremos traballo cooperativo. 

Queredes saber en que consiste esta innovadora metodoloxía?
Pois ben, o traballo cooperativo consiste en aprender a través de grupos de traballo, que neste caso serán grupos de pequenos exploradores.
Cada grupo especializarase nun determinado grupo de animais vertebrados: mamíferos, anfibios, réptiles, aves e peixes.
Dentro de cada equipo haberá cinco estudantes, os calen desempeñarán un rol diferente dentro do mesmo:
  1. Portavoz: o portavoz será aquela persoa do grupo encargada de falar en nome de todos. No caso de haber algunha dúbida ou ter que expoñer algo oralmente, será esta persoa a encargada de facelo. 
  2. Secretario/a: o secretario ou secretaria encargarase de anotar calquera incidente que suceda no grupo así como tamén de axudar ó portavoz se este o precisa.
  3. Coordinador/a: este cargo ten como función principal a de coordinar o grupo. Como se trata de traballo cooperativo, as opinións de tódolos membros do grupo son igual de importantes e válidas, polo que se nalgún momento hai que tomar algunha decisión e non se chega a un acordo, é o coordinador o encargado de tomar a decisión final. 
  4. Encargado/a do material: esta persoa ten a responsabilidade de facilitar o seu grupo todo o material de traballo necesario (tesoiras, pegamento, pinturas, etc.) así como tamén de recollelo.
  5. Silenciador/a: con nenos e nenas destas ideas é indispensable esta figura, xa que é a que se encargará de poñer orde dentro do grupo. Pedirá silencio sempre que sexa preciso e tamén establecerá os turnos de palabra para evitar que todos falen ó mesmo tempo e armen moito balbordo.
O traballo cooperativo ten moitas ventaxes fronte os métodos de traballo tradicional, xa que fomenta nos nenos a coolaboración con outras persoas e existe unha responsabilidade tanto individual como grupal. Neste tipo de metodoloxía, todos os alumnos e alumnas aprenden en interacción cos demais e a aprendizaxe é moito máis significativa. Ademais é unha forma de traballar moito máis dinámica, atractiva e motivadora para os nenos. A eles encántalles. Vos que opinades?

Documental dos leóns

Que vos parece este precioso documental do rei da sabana? A nós encántanos!
 

Os animais vertebrados

Con esta presentación fixemos un repaso na clase de todo o que aprendimos ata agora dos animais vertebrados.
A compartimos con todos vós para que a poidades ver sempre que queirades e non se vos esqueza nada do tema. Un saudiño!
 

miércoles, 4 de febrero de 2015

Os animais

Con este vídeo facemos memoria das principais características dos animais como seres vivos así como tamén as diversas formas que temos de clasificalos, atendendo a súa alimentación, forma de reproducción, etc.
 

¿Quenes somos?

Bos días familias.
Somos os nenos do primeiro curso do CEIP Praza de Barcelos.
Con este blog convidámosvos a que nos acompañedes nesta viaxe polo asombroso mundo dos animais.
A que esperades para formar parte do noso grupo de pequenos exploradores?