Etiquetas

jueves, 5 de febrero de 2015

O traballo cooperativo

Boas tardes papás e mamás:
En breves comezaremos na clase unha fantástica aventura para traballar o tema dos animais. Pero non traballaremos de xeito común, senón que realizaremos traballo cooperativo. 

Queredes saber en que consiste esta innovadora metodoloxía?
Pois ben, o traballo cooperativo consiste en aprender a través de grupos de traballo, que neste caso serán grupos de pequenos exploradores.
Cada grupo especializarase nun determinado grupo de animais vertebrados: mamíferos, anfibios, réptiles, aves e peixes.
Dentro de cada equipo haberá cinco estudantes, os calen desempeñarán un rol diferente dentro do mesmo:
  1. Portavoz: o portavoz será aquela persoa do grupo encargada de falar en nome de todos. No caso de haber algunha dúbida ou ter que expoñer algo oralmente, será esta persoa a encargada de facelo. 
  2. Secretario/a: o secretario ou secretaria encargarase de anotar calquera incidente que suceda no grupo así como tamén de axudar ó portavoz se este o precisa.
  3. Coordinador/a: este cargo ten como función principal a de coordinar o grupo. Como se trata de traballo cooperativo, as opinións de tódolos membros do grupo son igual de importantes e válidas, polo que se nalgún momento hai que tomar algunha decisión e non se chega a un acordo, é o coordinador o encargado de tomar a decisión final. 
  4. Encargado/a do material: esta persoa ten a responsabilidade de facilitar o seu grupo todo o material de traballo necesario (tesoiras, pegamento, pinturas, etc.) así como tamén de recollelo.
  5. Silenciador/a: con nenos e nenas destas ideas é indispensable esta figura, xa que é a que se encargará de poñer orde dentro do grupo. Pedirá silencio sempre que sexa preciso e tamén establecerá os turnos de palabra para evitar que todos falen ó mesmo tempo e armen moito balbordo.
O traballo cooperativo ten moitas ventaxes fronte os métodos de traballo tradicional, xa que fomenta nos nenos a coolaboración con outras persoas e existe unha responsabilidade tanto individual como grupal. Neste tipo de metodoloxía, todos os alumnos e alumnas aprenden en interacción cos demais e a aprendizaxe é moito máis significativa. Ademais é unha forma de traballar moito máis dinámica, atractiva e motivadora para os nenos. A eles encántalles. Vos que opinades?

No hay comentarios:

Publicar un comentario