Hoxe na clase disfrutamos dunha sesión de contacontos coa profe Paula e a nosa compañeira Eva, que trouxo o libro da "Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para compartir con todos nós.
E aproveitando este conto, imos aprender algo máis deste animal. A toupa é un mamífero, polo que nace do ventre da súa nai, como xa sabemos.
Trátase dun animal pequeño, co corpo cuberto dunha pelaxe densa e aterciopelada. O seu fociño é apuntado, os ollos son moi rudimentarios e as extremidades curtas e fortes.
En tódalas especies as patas anteriores e as mans están especializadas para excavar, xa que grazas as uñas grandes e fortes que ten, é capaz de escarbar galerías de ata 150 metros de lonxitude. Xa nos gustaría a nós poder facer buratos tan grandes na area cando vamos á praia verdade?
Aliméntanse especialmente de lombrices e larvas de insectos, aínda que completan a súa dieta con pequenos réptiles e roedores. Tamén comen raíces, tubérculos e froitos, polo que poderíamos dicir que se trata dun animal omnívoro.
A que é asombroso este animal? Se sabedes algo máis deste ser vivo podedes deixar un comentario para que podamos aprender todos xuntos.
Velaquí deixamos o vídeo desta divertida historia que vimos onte na clase na pizarra dixital. Esperamos que vos gusten :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario