Etiquetas

martes, 10 de febrero de 2015

Unha visita inesperada

Por se non fora pouca sorpresa coa cabeza do tiburón, hoxe tamén recibimos a visita inesperada da mamá dunha alumna que nos trouxo tres preciosos e pequenos cadeliños. Todos puidemos tocalos, abrazalos e disfrutar, aínda que eles estaban un chisquiño asustados. 


Como xa estudamos na clase, os cans son animais mamíferos que viven na terra. Teñen catro patas ou extremidades e o corpo cuberto de pelo, moi suave por certo!
Tamén son vivíparos, que quere dicir que nacen do ventre da súa nai e cando son moi pequeniños, coma estes, maman do leite materno. 

Os cans forman parte do grupo de animais domésticos e dise deles que son os mellores amigos do home, porque son moi fieis ás persoas. 

O único malo que teñen son os donos que cada ano abandonan a miles de cans.  Como consecuencia, estas pobres criaturas son condenadas a vivir polas rúas sen alimento nin casa para protexerse do frío. Pero existen protectoras de animais que se dedican a rescatalos e darlles o amor que se merecen mentres lles buscan unha casa onde os queiran adoptar para sempre. Porque os mellores amigos non se mercan.

Non mesques un can de raza, ADOPTA un sen casa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario