Hoxe un dos nosos compañeiros sorprendeunos coa cabeza dunha quenlla real que trouxo a clase.
Mirade na foto cantos dentes ten. A que son moitísimos? Mete medo!
Queredes saber máis cousas sobre este alucinante animal?
As quenllas ou tiburóns son peixes de forma alargada que viven nos mares ou océanos.
Existen unhas duascentas cincuenta especies diferentes e, ó contrario da opinión xeral, a maior parte deles non son perigosos para os seres humanos. En realidade son poucas especies as que atacan, como o terrible tiburón branco, que ten dentes de ata 8 centímetros de largo e mide de 5 a 6 metros. Polo tanto, os seres humanos representan unha ameaza maior para eles do que eles para nós debido a sobreexplotación, ao corte das súas aletas e a destrucción do seu hábitat. De feito, a cantidade de tiburóns martillo disminuiu nun 89% durantes as últimas dúas décadas. Increíble verdade?
Son animais vertebrados pero o seu esqueleto non está composto por ósos, senón por cartílago. A súa pel é extremadamente áspera porque está composta por dentrículos dérmicos, feitos do mesmo material que os dentes. Históricamente, moitas culturas usaban a pel das quenllas como papel de lixa.
Os tiburóns poden perder ata 1000 dentes por ano, que son reemplazados constantemente ó longo das súas vidas, é dicir, teñen dentes infinitos. Canto traballo para o Ratonciño Pérez!
Coma todos os peixes, os tiburóns son ovíparos, é dicir, nacen de ovos. Sen embargo, nalgunhas especies como os tiburóns touro, as crías que se están xestando comen aos seus irmáns. Podédelo crer?
Xa sabemos moitas cousas sobre este sorprendente animal. Moitas grazas ó noso compañeiro por compartir con nós a cabeza deste temible depredador.