Etiquetas

jueves, 19 de marzo de 2015

Día do pai.

Hoxe 19 de marzo, é un día moi especial. Por iso queremos felicitar a todos aqueles que teñen o mellor traballo do mundo: ser PAIS. 
Felicidades tamén a tódolos Xosés.
Esperamos que podades pasar un feliz día en compañía dos vosos fillos. Unha aperta moi forte!


viernes, 13 de marzo de 2015

Roteiro Os Bolechas

Hoxe puidemos gozar dunha saída didáctica pola zona vella da nosa fermosa cidade.
Para iso, contamos coa axuda dun simpático guía que nos acompañou polas diferentes prazas de Pontevedra (Praza da Peregrina, Praza da Ferrería, Praza da Leña, Praza da Verdura, Praza da Pedreira...) e nos explicou cousas moi interesantes, como a orixe dos seus nomes por exemplo.
Ademais, tivemos moita sorte porque fixo moi bo tempo, a pesar do vento que facía.

Na seguinte presentación, mostraranse tódalas fotos da saída. 
Esperamos que vos gusten! 



jueves, 12 de marzo de 2015

A toupiña

Hoxe na clase disfrutamos dunha sesión de contacontos coa profe Paula e a nosa compañeira Eva, que trouxo o libro da "Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" para compartir con todos nós. 


E aproveitando este conto, imos aprender algo máis deste animal. A toupa é un mamífero, polo que nace do ventre da súa nai, como xa sabemos. 

Trátase dun animal pequeño, co corpo cuberto dunha pelaxe densa e aterciopelada. O seu fociño é apuntado, os ollos son moi rudimentarios e as extremidades curtas e fortes. 

En tódalas especies as patas anteriores e as mans están especializadas para excavar, xa que grazas as uñas grandes e fortes que ten, é capaz de escarbar galerías de ata 150 metros de lonxitude. Xa nos gustaría a nós poder facer buratos tan grandes na area cando vamos á praia verdade?

Aliméntanse especialmente de lombrices e larvas de insectos, aínda que completan a súa dieta con pequenos réptiles e roedores. Tamén comen raíces, tubérculos e froitos, polo que poderíamos dicir que se trata dun animal omnívoro.

A que é asombroso este animal? Se sabedes algo máis deste ser vivo podedes deixar un comentario para que podamos aprender todos xuntos.

Velaquí deixamos o vídeo desta divertida historia que vimos onte na clase na pizarra dixital. Esperamos que vos gusten :)


lunes, 9 de marzo de 2015

Sorpresa animal!

Hoxe un rapaz de segundo levou a clase un animal que capturara. Era un lagarto ocelado e, a pesar de que perdera a cola, tiña unhas cores moi brillantes e fermosas. Estaba gardado nunha caixiña de plástico transparente cuns buratiños para que puidese respirar, xa que se trata dun ser vivo.

Como xa sabemos e estudamos na clase, os lagartos son animais vertebrados, en concreto réptiles. Este tipo de animais caracterízanse porque teñen o corpo cuberto de escamas, como puidemos comprobar cando o vimos de preto. Nas patiñas notábanse moito! 
Respiran por pulmóns e son animais terrestres porque viven na terra, aínda que algúns tamén pasan tempo na auga, como os caimáns ou crocodilos.
Segundo a súa reproducción son animais ovíparos, que quere dicir que nacen de ovos. 
E as súas extremidades son patas curtiñas ou non teñen, polo que se desprazan camiñando ou reptando, como as serpes.

Gústavos este asombroso animal? A nós sorprendeunos moitísimo. Estamos moi agradecidos de que o neno de segundo compartise con nós esta experiencia e esperamos que leve esta pequena criatura de volta á natureza, que é onde debe vivir.

Aínda que non sacamos fotos do lagarto, deixámosvos aquí unha imaxe para que vos fagades unha idea de como era este asombroso ser vivo. A algunhas persoas dalles noxo ou medo, pero a nós gustounos moito. Que opinades vós?